cepeira

Planta de vide

Etimoloxía

Voz derivada sobre o substantivo “cepa” feminino de “cepo” que vén do latín cippum ‘columna’.

Exemplos *

“¡Filla da torta cepeira, / MOZA FRESCA, fresca moza / da valdeorresa ribeira, / daslle pracer, churrusqueira, a quén, non xerro, te goza!” (Florencio Delgado Gurriarán: “Louvor condensado á moza fresca”, Cantarena, 1981)

“Xa van alá moitos cucos contados, moita auga movendo rodicios de muiño, moitos soles outonizos dourando follas de espalleres e cepeiras.” (Ánxel Sevillano: Historias do canizo, 1979)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.