cera

Barra de forma cilíndrica elaborada con parafina e pigmentos, que serve para pintar

Etimoloxía

Palabra que remite á latina cera.

Exemplos *

“Agardaches a que rematara cos alumnos e sorprendíchela coas mans lixadas de ceras e témperas.” (Luís Rei Núñez: Días que non foron, 2013)

“Consideramos conveniente deixar ó seu alcance, na aula, un material determinado: unha boneca, un berce, un biberón, un penico, comida, folios e ceras.” (Cipriano Luis Jiménez Casas et al.: As voces de mármore. Autismo e psicoses infantís en Galicia, 1987)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.