Ave palmípede da familia dos anátidos, máis pequena ca o pato, da que existen distintas especies.
Etimoloxía
Considérase que provén dunha forma latina querquetula, para a que se propón unha orixe onomatopeica.
Exemplos *
"… viron tamén araos, pardelas, distintos corvos mariños, cercetas, e mergullóns, así como algunha solitaria foca no mar." (Xoán Bernárdez Vilar: A saga da illa sen noite)
"Cerceta […], de cor terrosa verde cinza; segundo Castroviejo, son aves tan fermosas que sente mágoa cando as ten mortas nas mans …" (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.