cerco

Arte consistente nunha gran rede que se utiliza na pesca da sardiña.

Etimoloxía

Púidose tomar do latín circus, -i 'círculo' ou derivala do verbo cercar, que procede de circare 'andar arredor'.

Exemplos *

"… logo pasou a un barco no que saían á pesca da sardiña e da anchoa, con rede de cerco, por Sada, Ares, Ferrol." (Xosé Neira Vilas: Galegos no Golfo de México)

"Sardiña que hoxe se captura coas artes de cerco, rodeando o cardume e pechando por abaixo para que non escape, chámase tamén cerco de xareta pois así se chama o cabo ou arame que axuda a pechar a rede pola súa parte inferior." (Severino A. Gestoso Lago: Iniciación profesional marítima)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.