cerdeira

Árbore da familia das rosáceas duns cinco metros de alto, tronco liso e flores brancas, que ten como froito a cereixa

Etimoloxía

Dun antigo cerzeira por disimilación chégase ao actual, aínda que bebe do latín vulgar ceresia e do clásico cerasium de significado semellante.

Exemplos *

“No cemiterio de Meiraos, en tempos, houbo unha cerdeira enxerta que daba moi bo froito, pero poucos eran os que se atrevían a comer daquelas cereixas por atoparse no terreo dos mortos.” (Jesús Alfonso Parada Jato: Usos, costumes e cousas do Courel, 2007).

“(...) Pois acababan de subirlle a cerdeira de cereixas camoesas e de racharlle unha póla, a aquela cerdeira “bichaza” que Xisto tiña ó pé da casa, a mellor cerdeira da aldea.” (Manuel Rodríguez Troncoso: Raíces rurais, 1996).

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.