cerrar

Facer cesar a actividade de algo, de maneira temporal ou definitiva

Etimoloxía

Termo derivado do latín tardío serare que bebe do clásico sera ‘pecho’.

Exemplos *

“Onte, xoves, recuperou algo do terreo perdido gañando máis dun 3 por cento a media xornada, cerrará o ano 2000 como un dos peores da súa historia, e os analistas coinciden en que o dano sufrido non será reparable a curto prazo.” (R.M.: O Correo Galego,22-12-2000)

“Solbes fixo estas declaracións despois de que o Banco Central Europeo (BCE) fracasase o xoves nun novo intento de dar apoio á divisa europea, que cerrou a xornada a 0,8531 dólares _ 195 pesetas.” (N.A.L.: O Correo Galego, 11-11-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.