Concurso literario, artístico ou científico
Etimoloxía
Palabra que procede da latina certamen que significa 'certame', 'disputa', 'controversia' ou 'debate'.
Exemplos *
“Durante algún tempo Teresa é profesora de teatro en varios centros de educación de Galicia. Tamén queda finalista en varios certames teatrais, da mesma maneira que Raymond Poulidor, o tenaz ciclista francés, quedaba segundo nas súas carreiras.” (Teresa González Costa: A filla do ladrón de bicicletas, 2011)
“Esas cancións existían porque había un certame no que motivaban a rapaces e grandes a compoñer e cantar cancións en galego para despois ilas defender a un concurso musical.” (María Yañez: Luzes, 12-2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.