certificado

Documento asinado por unha autoridade competente, onde se certifica ou asegura algo

Etimoloxía

Termo que bebe do latín certificatus, -a, -um, participio pasado do verbo: certificare, ‘confirmar’ ou ‘tomar por certo’.

Exemplos *

“Ó remate dos cursos, a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago outorgarán un certificado de aptitude.” (C. de U.: O Correo Galego, 08-11-2000)

“(...) modificáronse estas bases de tal xeito que as persoas que posuían o certificado dos cursos de perfeccionamento, iniciación ou os seus equivalentes no ensino medio, quedaban exentas de presentarse ó exame.” (AFA: O Correo Galego, 03-11-2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.