Substancia graxa segregada polo conduto externo do oído.
Etimoloxía
Procede da forma do latín medieval cerumen, -inis, co mesmo significado.
Exemplos *
"… os músicos si temos algo máis ca cerume entre orella e orella (agora, que o usemos para cousa boa, iso xa é outro cantar…)." (Pedro Feijoo Barreiro: ¡Viva o fu remol!)
"O policía, pouco hábil, confundiu o cerume dos oídos, marrón e viscoso, coa resina que se saca da marihuana, o haxix." (Xosé Carlos Caneiro: Ébora)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


