cestaría

Arte ou oficio do cesteiro / Obradoiro ou tenda do cesteiro

Etimoloxía

Palabra derivada sobre “cesto” que bebe do equivalente latín cista.

Exemplos *

“A biodiversidade galega está presente na nosa diversidade cultural. A cestaría é un bo exemplo, vimbio, carballo, salgueiro, sanguiño... merca unha cesta do país.” (Ramsés Pérez Rodríguez: Guía de ecoloxía cotiá. Ideas e accións para un consumo sustentábel, 2008)

“A casa alúgase completa e está aberta todo o ano. O programa de cursos opcionais, cuxa duración mínima é dun día, inclúe a introdución ao tecido, a técnica da felpa galega, a cestaría e os tinguidos naturais.” (Eva Estévez: A Nosa Terra, 29-1-2009)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.