cesteiro, -a

Persoa que fai ou vende cestos ou cestas e outros obxectos de vimbio

Etimoloxía

Termo que se forma sobre o substantivo “cesta” que vén do equivalente cista que significaba ‘caixa’ ou ‘cofre’.

Exemplos *

“Idoia Cuesta. Esta cesteira asentada en Lugo leva xa uns cantos anos construíndo unha marca sólida de produtos que, aínda sendo artesanais, basean a súa potencia na experimentación de materiais e de volumes.” (Lola Dopico: Sermos Galiza, 13-07-2012)

“Pero a máis da cantería, e como todo certame de artesanía que se prece, estiveron presentes tamén profesionais da madeira e o téxtil, que exhibiron as súas creacións entre as que salientaban os traballos feitos polos cesteiros.” (Antonio Cendán: A Nosa Terra, 65, 10-07-2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.