cetaria

Viveiro onde se conserva vivo o marisco ata o momento da venda

Etimoloxía

Palabra culta que procede da latina cetariam de significado semellante.

Exemplos *

“Só funciona unha fábrica de conservas de atún e mexillón das moitas que había, as outras foron levadas a outros lugares. O que abundan son cetarias, e nelas traballa moita xente da vila, así como nos restaurantes.” (Teresa González Costa: Os santos nunca dormen, 2014)

“O dono da cetaria, como era amigo do mariñeiro, non tivo perda en llas meter nun curruncho illadas de todo o marisco que había dentro e, ó mesmo tempo, non lle daba présa de quitalas.” (Xavier Rodríguez Vergara: Redes e peixes. Saberes dun mariñeiro, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.