cetrería

Sistema de caza no que se utilizan falcóns e outras aves de rapina para perseguir e apresar as pezas

Etimoloxía

Derivado locución propia da lingua medieval: axente acetreiro que significaba ‘falcoeiro, relativo ao falcón’ que viría, á súa vez, do latín acceptorariu.

Exemplos *

“(...) un mercado medieval cos seus típicos produtos, torneos de cabaleiros, competicións de tiro, bailes ou exhibición de cetrería con aguias e falcóns (...)” (Xosé Lois Ripalda: O país dos mil ríos. Cultura fluvial en Galicia, 2009)

“Entre xantares e viño, postos de artesanía e xogos populares, cetrería e torneos medievais, os vindeiros 31 de agosto e 1 de setembro Pontevedra viaxa ao século XV.” (Olalla Rodil: Sermos Galiza, 31-08-2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.