Bastón ou vara que levan certas dignidades como sinal de autoridade.
Etimoloxía
Vocábulo que procede do latín sceptrum, –i co mesmo significado, que viña do termo grego skeptron 'bastón'.
Exemplos *
"Eu fun con todos á Praza Maior, e vin un estrado ricamente adornado con brocado carmesí, no que tiñan sentado un boneco feito de teas, a testa coroada e o cetro na man." (Marilar Aleixandre: Tránsito dos gramáticos)
"Nun comunicado do pazo de Buckingham dise que a xoia que se atopa na parte superior do cetro real, é da Coroa e por iso está fóra dos dominios da raíña." (M.A.: La Voz de Galicia 25-03-1995)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.