chabola

Construción, polo xeral dos suburbios e barrios pobres das cidades, feita con materiais cativos e de moi reducidas dimensións, que se utiliza como vivenda sen que reúna uns mínimos requisitos para tal fin.

Etimoloxía

Préstamo do vasco txabola 'cabana', xógase coa hipótese de que se colla do francés antigo jaole 'gaiola'.

Exemplos *

"A súa nai tivera varias criaturas, todas sen pai, nacidas na rúa ou nos vagóns de terceira dos trens e aleitadas en chabolas." (Mª Xosé Queizán: Ten o seu punto a fresca rosa)

"Estaban saíndo xa da cidade e chegando a un pobre asentamento de chabolas que Silvano non coñecía." (Paco Martín: A bisneta lercha)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.