chacolí

Viño de baixa graduación e de sabor algo agre, propio do País Vasco

Etimoloxía

Adaptación do termo vasco txakolin, nome do viño.

Exemplos *

“Eisí, e por afinidade, os bebedores de manzanilla, chacolí ou sidra, perteñecen ao segundo fato. Os de gaseosa ou horchata, ó primeiro.” (Xosé Fariña Jamardo: Co sorriso nos beizos, 1969)

“(...) os viños que serven son bos, aquí o Rioja non é a vulgaridade monótona que serven na Galiza, e o chacolí fresco é unha delicia, agora que no asunto das cervexas teñen moito que mellorar.” (Suso de Toro: Nós Diario, 14-02-2018)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.