chafariz

Fonte cun ou máis pichos por onde sae a auga a chorro

Etimoloxía

Parece que procede do árabe çahrij ‘tanque’.

Exemplos *

“Un refacho de vento outonizo aloumiñou as herbas do xardín. O chafariz da fonte abaneouse un chisco e unhas pingas de auga fresca zarrapicáronnos a cara.” (Manuel Darriba: Brais e os demais, 2010)

“Coñecedor da miña natureza , encheu o seu pazo de fontes e chafarices e chegou a desviar o curso dun pequeno río para que pasase polos xardíns.” (María Pilar Campo Domínguez: Confusión e morte de María Balteira, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.