Ferida aberta no interior ou no exterior do corpo, que xeralmente segrega pus.
Etimoloxía
A forma galega procede do termo latino plaga.
Exemplos *
"un sinal case imperceptible no fondo dos seus ollos advertíao da ferida, daquela pequena carapola que escondía, con todos os resortes da súa feminidade dispostos a ocultala, a presenza dunha chaga da que fluía sangue" (Manuel Forcadela: Anxélica)
"… non se persignou para non tocar a chaga que lle cubría a fronte que aínda lle doía e que seguramente, pensou, lle quedaría para toda a vida." (Miguel Anxo Murado: Mércores de cinza)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


