Persoa natural ou habitante da Terra Chá.
Etimoloxía
Deriva de chaira, e esta procede do latín planus, -a, -um ‘plano, nivelado’.
Exemplos *
“Eu son chairego. E chairegos son os meus” (Manuel María: Terra Chá)
“… Manuel María, […], andou á procura do misterio das doces augas miñenses e elas devolvéronlle a este inspirado chairego a refrescante humidade do seu enigma.” (Xosé Chao Rego: A meiga e os frades. Lenda do pedregal de Irimia)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.