chal

Pano de la, seda etc., moito máis longo ca ancho, que as mulleres levan sobre os ombreiros e as costas como abrigo ou como adorno.

Etimoloxía

Nace no persa xal pero recóllese do francés châle con significado semellante.

Exemplos *

"Compracida, sorriu, e faltoulle tempo para saír ó carreiro envolta nun chal." (Beatriz Dacosta Molanes: Casca de noz)

"Estaba preciosa cun vestido negro que lle deixaba a maior parte das costas ao descuberto, só agarimadas por un chal de cor marfil." (Manuel Núñez Singala: Menú de enganos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.