Pequena embarcación de fondo plano, a remos, polo xeral con popa rectangular e proa aguzada, que se usa sobre todo nos servizos de porto e nalgunhas faenas de pesca
Etimoloxía
Voz que ten a súa orixe no francés chaland, e este lévanos ao grego bizantino chelándion, un tipo de barco.
Exemplos *
“Nesta tardiña de agosto vai algo de calor. O mar está calmo. As chalanas saen do porto a pescar luras. Henrique, como cada tarde, está apoiado no peitoril mirando o mar.” (Suso Lista: Charamuscas, 2017)
“As ruelas de pedra cor vainilla vólvense aquí un labirinto adozado. Pero de aí baixaremos a Marsaxlokk, unha viliña de pescadores cun porto atestado de chalanas pintadas de moitas cores.” (Iolanda Castaño: Galicia Hoxe, 12-4-2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


