chalé

Casa con xardín construída xeralmente fóra dos núcleos urbanos

Etimoloxía

Palabra tomada prestada do francés chalet ‘vivenda empregada polos pastores suízos nas montañas’.

Exemplos *

“Buscan o sol. Na época das vacas gordas fixeron os chalés para o inverno e agora toda a familia os aproveita para o verán.” (Marina Mayoral: O anxo de Eva, 2013)

“Pero Chon non lles contou a verdade, nin lles confesou que endexamais esquecería a imaxe da sogra no marco da porta, cando chegou ao chalé para vivir con eles, coa arqueta das cinzas do seu home ben apertada contra o peito e unha ollada orfa, chea de tristura.” (Paco Carro: Tempo ordinario (Historias de Compostela) / Os secretos da nora, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.