chama

Masa gasosa que se eleva dun corpo que arde e que produce luz e calor.

Etimoloxía

Deriva directamente do latín flamma, –ae 'lume', 'paixón'.

Exemplos *

"Cada un de nós ía por dentro da braña facendo unha gabia para que a chama do lume que viña encima de cada un non puidese saltar na outra braña que seguía polo monte arriba." (Xavier Rodríguez Vergara: Redes e peixes. Saberes dun mariñeiro)

"As ruínas das mansións modernistas destruídas polas chamas e os bombardeos na guerra." (Laura Caveiro: As naos afondando)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.