chamador

Peza metálica pendurada na porta, que se bate contra esta para chamar.

Etimoloxía

Deriva de chamar, procedente do latín clamare 'berrar' e tamén 'chamar'.

Exemplos *

"Porta con aldraba, chamador que boura á redonda, non escoita quen non quere." (Xosé Vázquez Pintor: A memoria do boi)

"Petou primeiro cos cotenos, doéronlle, faltaba o chamador de ferro." (Suso de Toro: Calzados Lola)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.