Viño espumoso, branco ou rosado, orixinario da rexión francesa de Champaña.
Etimoloxía
O nome deste viño tomouse do topónimo da rexión onde se produce, Champagne.
Exemplos *
"Un veleiro azul escuro cuxo mastro oscilaba contra o ceo destacaba entre as barcas dos pescadores como unha copa de champaña na barra dun bar de camioneiros." (Domingo Villar: A praia dos afogados)
"Estariamos encantados se aceptasen tomar canda nós unha copa de champaña, frances do bo eh?, e compartir unhs minutos de parola amable …" (Paco Martín: A bisneta lercha)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.