Burlarse con chanzas ou bromas
Etimoloxía
Palabra derivada sobre “chanza” que é un termo procede do italiano ciancia “burla”
Exemplos *
“O home que decotío lles lía os xornais ou unha obra literaria, para aliviar o seu rutineiro traballo. Comentáballes que pronto recibirían a visita dunha autoridade. Mentres me ollaban con complicidade, non deixaban de chancearse das súas palabras.” (Xerardo AgraFoxo: Viaxe á última revolución, 2016)
“Tratou de concentrarse nos ollos rendidos de Noemí para que a súa beleza prevalecese sobre os previsibles comentarios de Ricardo, Navascues e Alberto. Estaba seguro de que non pararían de chancearse nin para respirar.” (Jaureguizar: As horas sucias, 2001)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.