Calzado descuberto pola parte de atrás, que se suxeita na parte de diante do pé.
Etimoloxía
Procede de chanca, e esta forma pode que se relacione coa voz persa zanga 'perna'.
Exemplos *
"Vólvesme chamar papá e mando que lle saquen brillo ás miñas chancletas coa túa lingua." (Manuel Núñez Singala: O achado do castro)
"O torso espido, un luído sombreiriño de palla, pantalóns vaqueiros rotos moi axustados e unhas chancletas de esparto." (Xosé Antonio Perozo: Martázul)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.