chanfaina

Embutido feito cos pulmóns e outras vísceras do porco que non serven para o chourizo

Etimoloxía

Pénsase que garda relación co termo catalán samfaina ‘variedade de guiso’

Exemplos *

“Aínda se respira un ambiente de tormenta cando ascende, cansado, polas costas do Cabeza Grande, onde o agarda a tenda. Cea a base de ovos, chanfaina, queixo e mazás, manxares que devora con fruición, toma un café con leite quentiño e bótase a durmir.” (Augusto Pérez Alberti: Teceláns. Viaxes, 2002)

“E agora pra Santa Mariña, come-lo raxo da madriña, e a chanfaina quente na sartén, así torradiña.” (J.L. Graña Muíño: Cerdido: lingua e outras realidades, 1995)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.