Vaso de viño.
Etimoloxía
Considérase que esta palabra deriva de chanca, e esta procede dunha forma do latín tardío para denominar un tipo de calzado, quizais tomada do persa zanga ‘perna’.
Exemplos *
“O señor Farruco era un home que lle tiña moito medo ó demo e, entre chanqueiro de viño e tallada de xamón, preguntoulle ó abade: -¿E a vostede non lle pon grima o diaño?” (Manuel Rodríguez López: Reencontro coa aldea)
“En Becerreá descargaron a formigoneira, xa de noite, mentres Pepe agardaba no coche. Logo convidárono a tomar un chanqueiro e el baixou coa maleta.” (Xurxo Borrazás: Na maleta)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.