chantaxe

Acción pola que se pretende conseguir algo doutra persoa, baixo ameaza, especialmente de revelar cousas que a poden prexudicar

Etimoloxía

Palabra que adapta do equivalente francés chantage de significado análogo.

Exemplos *

“Agora só quedaba facer as chamadas oportunas, arranxar o billete e pensar positivamente, sen dramatismos nin elucubracións mentais, sen chantaxes morais e sen bágoas.” (Xavier Queipo: Papaventos, 2001)

“As pescudas apuntan a subornos, comisións, tráfico de información, espionaxe e chantaxe sistemáticas, nun deporte degradado a puro e duro negocio.” (Juan L. Cudeiro: Luzes, 9, 1-2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.