chanza

Dito gracioso para burlarse ou rirse de alguén

Etimoloxía

Palabra que ten a súa orixe na italiana ciancia ‘discurso intranscendente’.

Exemplos *

“As mulleres persignábanse cando se cruzaban con el, e non lle respondían ao saúdo. Os homes tomárono a broma e fixérono centro das súas chanzas.” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia / A ruta da Estadea, 2013)

“Anxo, Eusebio e Moncho, xa dixen, eran de Laíño. Sorprendíanos que non rían das chanzas do de Lestrove, pero non tiñamos dúbida, eran dos nosos.” (Ricardo X. Losada: O xene da chuvia / Internada pola banda de Laíño, 2005)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.