Petróleo cru, antes de ser refinado ou alcatrán usado para impermeabilizar ou asfaltar
Etimoloxía
Palabra de orixe caribeña que remite a unha palabra do náhuatl chapopote.
Exemplos *
“Dentro do desastre, foi fermoso ver a colaboración da xente: a espontaneidade da súa humanidade". Cun riso trasno, evoca tamén o "cabreo" xeneralizado pola inacción das autoridades ou, mesmo, a obstaculización dos labores: "cando os mariñeiros chegaban a terra co chapapote, as autoridades non llo deixaban desembarcar...” (Antón Lopo: Sermos Galiza, 5-11-2015)
“O sábado baixén a Rostro cando os voluntarios chegaban para empezar a carretar fuel. Oín o que dicían, a praia estaba outra vez cuberta dunha capa de chapapote, idéntica á que retiraran o día anterior. Baixén a Rostro, mais non puiden ver nada porque me cegaban as bagullas.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro / A area anticipa o temporal, 2010)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.