Que estuda moito ou que destaca máis pola aplicación ca polo talento.
Etimoloxía
Palabra derivada creada mediante o sufixo aumentativo -on que se lle engade ao verbo chapar, de orixe descoñecida.
Exemplos *
"Un chapón coma ti, metendo os fociños en cousas nas que non os mete ninguén…" (Ramiro Fonte: Os leopardos da lúa)
"…o tratamento que reciben os nenos é como estereotipos de neno gracioso ou de nena chapona." (A Nosa Terra 29-12-2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.