charabisca

Dito ou feito dirixido a alguén para rirse e divertirse, pero sen intención de molestar

Etimoloxía

Voz produto dunha creación expresiva.

Exemplos *

“Riu da charabisca. Da miña banda, aproveitei o intre de bo humor para facerlle unha suxestión lixeiramente delicada.” (Uxío Larvós: A mona de Schrödinger, 2022)

“Cidadáns inxenuos reenvíanse falsidades sen sabelo (...) e co listón moi baixo segundo para que asuntos e persoas, mesmo que se trate do que a eles lles parecía unha mensaxiña de brincadeira ou unha simple charabisca entre amigos.” (Lois Oreiro: Os mundos de agora, 2021)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.