charamusca

Partícula con lume ou xa reducida a cinsa que salta dun corpo en chamas

Etimoloxía

Vocábulo derivado que remite a “charamusquear”, este a “chamuscar” e, en última instancia, lévanos a “chama” que vén da voz latina flammam de significado semellante.

Exemplos *

“Pura botaba carbón pola boca aberta da cociña. Mentres caía o carbón, as charamuscas subían, como fuxindo, e unha pequena fumareira arremuiñábase desnortada ata atopar o camiño do respiro do teito.” (Xavier Lorenzo Tomé: O paxaro que canta un nome, 1996)

“Ao abrirse, entre unha nova erupción de charamuscas e fume e as primeiras apalpadas das chamas, a pegada visual de que o que xorde a dobre páxina é un mapa peninsular coas provincias marcadas en cores.” (Manuel Rivas: Os libros arden mal, 2006)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.