Partícula con lume ou xa reducida a cinsa que salta dun corpo en chamas
Etimoloxía
Termo de orixe onomatopeico.
Exemplos *
“Coa desculpa de mirar as charetas que chispeaban entre as lapas das estelas de loureiro que ardían na lareira, boteille unha nova ollada á rapaza. Tiña a punta do nariz enfarruscado de feluxe que lle daba un aire picarón. Decatouse da miña teima e sorriume fuxidiamente.” (Hixinio Puentes: Aguillóns de Ortegal, 2005)
“Queren falar mais non queren dicir, / só as charetas do lume prendido / e os espallados tusidos do vello, / facendo compaña á tristura.” (Anxo Boán Rodríguez: Poetas do reencrontro, 2019)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


