Personaxe do Entroido de Allariz que se disfraza con roupa vella e careta e que leva unhas bandoleiras con campaíñas
Etimoloxía
Termo que vén do francés charrue que nos leva a un étimo celta carruca ‘carruaxe’.
Exemplos *
“Antigamente, as charrúas de Allariz ían vestidas de moitas cores, cun cinto de chocas e unha pelica e unha sorte de monteira e ían polas aldeas pra que lles deran caldo.” (Vicente Risco: Etnografía: Cultura espiritual (Historia de Galiza), 1962)
“A antesala da primavera, do esplendor da vexetación, da vida, da flor, tras a fría noite da invernía, do escuro, xélido e solitario. Vellos e boteiros, cinseiros e charrúas, borralleiros e farandulleiros. Volantes de Chantada e campás que soan e chaman á festa e gastronomía.” (Abel B. Veiga Copo: Galicia Hoxe, 9-3-2011)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.