chasca

Paxaro da familia dos túrdidos, de pequeno tamaño, cabeza de cor negra, peito arrubiado e laterais brancos ou pardos con manchas escuras

Etimoloxía

Nome de orixe onomatopeica. O nome científico da especie é Saxicola torquata.

Exemplos *

“No pesadume das silveiras das sebes, unha chasca evitaba cantar, disfrazada de pardal. Tódolos seres parecían ir para un sitio lonxe que non fose o seu, alertados por unha confidencia da terra.” (Manuel Rivas: En salvaxe compaña, 1993)

“O canto da chasca non era canto de paxaro, eran dous croios que alguén chocaba un contra outro.” (John Rutherford: As frechas de ouro, 2004)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.