(saxicola torquata) Paxaro da familia dos túrdidos, de pequeno tamaño, cabeza de cor negra, peito arrubiado e laterais brancos ou pardos con manchas escuras.
Etimoloxía
Termo de orixe onomatopeico.
Exemplos *
“Paxarolos pasados pola tixola, paxarada que lle procuraba o neno Fandiño, tirador manifesto de escopeta de balíns a verderóns, pimpíns, chaschás e bótalle fío ao papaventos ornitolóxico tan abundante na horta da casa diante da cal ía pasar o cortexo.” (Vicente Araguas: Xuvia-Neda / Bandeiras ao vento, 2010)
“Contan que cando a Sagrada Familia fuxía para Exipto, os perseguidores viron nunha póla dunha árbore a un chaschás e a un pimpín ó que lle preguntaron se vira pasar por alí a unha muller cun neno pequeno e a un home.” (AA.VV.: A carón do lume, 1999)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


