chasco

Paxaro da familia dos túrdidos de pequeno tamaño, cabeza de cor negra, peito arrubiado e laterais brancos ou pardos con manchas escuras

Etimoloxía

Designación de orixe onomatopeica.

Exemplos *

“Era quen de dar cos niños máis difíciles de atopar, o niño do chasco e o do pardillo entre os toxos dos acantilados.” (Miguel Mato Fondo: Adeus, capitán Walton, 2018)

“O sol quentaba forte, non corría nin chisca de aire, e as ondas lambuxaban silenciosas os penedos da ribeira. Non se ollaba unha gaivota. Enriba dunha petada de toxo cantarexaba un chasco, a resaltar o silencio da sesta.” (Xosé Manuel Martínez Oca: Beiramar, 1983)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.