Conxunto de obxectos vellos de ferro ou doutros metais
Etimoloxía
Termo que se colle do éuscaro txatarra 'o vello'.
Exemplos *
“Daquela, pensa, non había colectores de nada e os grans, o sal, o carbón, a chatarra, as mercadorías todas eran amoreadas no chan, ás veces sobre lonas, até o seu embarque en camións, nos vagóns do tren ou noutros barcos.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)
“Voluntarios colaboraron na limpeza deste tramo; debido ao mal cheiro, entre auga estancada e a presenza de chatarra, aceites e gases producidos pola descomposición de materia orgánica, tiveron que utilizar máscara para realizar o seu labor.” (Redacción: Nós Diario, 28-8-2024)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.