Instrumento de metal, de distintas formas e tamaños, que se introduce nun fecho para abrilo ou cerralo
Etimoloxía
Palabra que procede da latina clave de significado semellante.
Exemplos *
“Para todas as portas valía / unha única chave, pesada como a vida.” (Luísa Villalta: Papagaio, 2006)
“Un día Nina entra no despacho do pai, o seu reduto privado. (...) Non hai ninguén, ela sabe onde están as chaves, e decide remexer nos caixóns.” (Manuel Rivas: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, 2018)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.