Acción e efecto de chegar a un lugar
Etimoloxía
Substantivación do participio pasado do verbo “chegar” que procede do latín plicare ‘pregar’.
Exemplos *
“A chegada á vila foi o mesmo que se aparecese o deputado Fernández Latorre. Uns estaban debruzados nos balcóns; outros agardaban polas beiras da rúa.” (Hixinio Puentes: O bandido Casanova, 2000)
“Manuel Lourenzo, logo peza fundamental do teatro galego, trata A Coruña cultural, desde a súa chegada á cidade herculina como adolescente.” (Ricardo Gurriarán: Un canto e unha luz na noite: Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975)- Prólogo, 2012)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.