Documento co que se dirixe a unha entidade bancaria unha orde de pagamento de certa cantidade con cargo aos cartos que a persoa que o expide ten depositados nela.
Etimoloxía
Adaptación do termo do inglés cheque que bebe do verbo to check 'comprobar'.
Exemplos *
“E mentres desfrutaba das vacacións, que mesmo as retrasara facéndolle un favor á empresa, (...), enviáronlle á casa unha carta e un cheque co finiquito.” (Manuel Portas: Un dedo manchado de tinta, 2011)
“Talonario en man xa estaba rematando de cubrir un cheque pola cantidade de tres millóns corenta e seis mil pesetas.” (Pepe Carballude: ¡Maldito D.N.I!, 1998)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.