cherna

Peixe mariño da familia dos serránidos, de corpo ancho e forte, cor castaña no lombo e amarela no ventre e a queixada inferior máis longa ca a superior

Etimoloxía

O termo común que procede do latín tardío acerniam, nome dun peixe. Recoñecido co nome científico polyprion americanus.

Exemplos *

“Era bo lugar e dábase moi seguido que os barcos parasen alí a guindar o chinchorro para logo seguir ó Golfo coa bicada segura e axeitada á preferencia das chernas.” (Xosé Neira Vilas: Galegos no golfo de México, 1980)

“Grandal era un home corpudo e vagaroso, que emigrara a Cuba de rapaz, onde traballou sempre nos viveiros, pescando chernas no Golfo de México. Xuntou vinte anos de emigración, nas catro viaxes que fixera. Agora volvera con corenta e seis para apouvigar definitivamente na aldea.” (Sindo Seixido: A gloria é un afiador, 1992)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.