Planta herbácea anual, da familia das leguminosas (Pisum sativum), con froito en casula que contén sementes arredondadas e comestibles de cor verde.
Etimoloxía
Procede lo latín cicer, eris, que significaba ‘garavanzo’.
Exemplos *
"¿Quen dixo que non atende e só é col, repolo, cebola, pataca, chícharo… segundo pasan os días?" (Xosé Vázquez Pintor: A memoria do boi)
"… plantan os seus repolos, os seus chícharos, as suas leitugas, cebolas, allos, tomates, patacas e grelos." (Xosé Fariña Jamardo: Golfaróns de sangue)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.