chicho

Planta herbácea da familia das leguminosas con sementes alongadas, da que existen diferentes variedades comestibles, das que nunhas se aproveita a casula coas sementes aínda verdes e noutras só as sementes secas

Etimoloxía

Palabra patrimonial que remite ao latín cicer onde significaba ‘chícharo’.

Exemplos *

“(...) carrear esterco prás leiras e prós terreos, esparexelo, gradar, gabiar as hortas pra botar as patacas, as cebolas, as coellas, os colombros, as fabas, os chichos, a ferraia, pisar as castañas nos sequeiros por enriba do "burro", estrar as cortes e os cortellos...” (Xosé Fernández Ferreiro: A saga dun afiador, 1980)

“Á unha mandáronos baixar porque facía unha calor que asaba a Cristo. Máis vale aforrar unha desgracia, e como dixo a ama: o tempo dáo Deus de balde. Comen, do que hai, o mellor: caldo, chichos con patacas, ovos cocidos, lacón, chourizos, con pan, viño e gasosa.” (Emilio Araúxo: Tempos serodios, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.