chimpancé

Mono antropomorfo da suborde dos catarrinos, de brazos moi longos, cabeza arredondada e pelame escura, negra ou marrón, propio de África ecuatorial, que vive nas árbores

Etimoloxía

Palabra que se adapta do francés chimpanzé que, á súa vez, é un termo que bebe no bantú.

Exemplos *

“As primeiras luces tinxían de ámbar e rosa os panos do horizonte e o mato espertaba cos primeiros chíos dos paxaros e os ouveos alarmados dos colobos, presentindo quizabes a presenza sixilosa do leopardo ou o axexo do chimpancé.” (Miguel Mato Fondo: Adeus, capitán Walton, 2018)

“Medrou entre monos e que entre monos deprendeu a vivir (...). Consecuentemente, compartía o costume destes animais. Penso que o mellor é concretalos en chimpancés, considerados como uns dos simios máis intelixentes e que están, sen dúbida, entre os máis estudiados.” (Antón Risco: Tres situacións elementais, 1991)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.