chimpín

Tractor agrícola lixeiro e de pequenas dimensións.

Etimoloxía

Non se estudou a súa orixe.

Exemplos *

“O motor do chimpín acugulado de sacos de patacas espanta os grilos da noitiña e os arrecendos do caravel e das roseiras bravas.” (Anxo Angueira: Bágoas de facer illas)

“... apareceu nun chimpín marelo, simulacro de coche, que escandalizaba cun ruído infernal e parecía incendiado pola escura fumareda que desde os baixos ceibaba.” (Xabier Quiroga: Atuado na braña)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.