Xogo de cartas en que cada xogador ten sete e debe ir facendo combinacións dun mínimo de tres cartas, co fin de que non quede ningunha libre
Etimoloxía
Vocábulo de orixe incerta.
Exemplos *
“Amelia propuxo unha partida ao chinchón. Olivia, na cadeira de rodas, parolaba na súa estraña linguaxe coa boneca-Amelia triste. A avoa non xogaba ás cartas, sacou en cambio un rosario balorento e comezou a pasar as doas unha a unha.” (Beatriz Lorenzo López: Obras breves de imaxinación. Obras gañadoras do Premio de Relatos Mulleres Progresistas 2007-2011, 2011)
“Polo demais, a xente bebía viño, xogaba ó dominó, xogaba ó chinchón, comía o mellor que podía, bebía viño, falaba de coches, bebía viño, facía quinielas, bebía viño: diríase que xullo do trinta e seis era prehistoria doutro planeta. Quizais fose tamén verdade que hai comunidades sen conciencia histórica.” (Camilo Gonsar: Desfeita (semirreportaxe), 1983)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


